Monday 29 de April de 2024

O Concello de Ordes abre o prazo para inscribirse no ‘Happy Easter’ de Semana Santa


Os interesados en participar nas actividades de conciliación terán ata o mércores 16 para apuntarse. Diversión, aprendizaxe e creatividade serán o máis característico para as mañás dos días 21, 22, 23 e 28 de marzo

Ata o próximo mércores 16 de marzo o Departamento de Educación do Concello de Ordes manterá aberto o prazo para inscribirse no ‘Happy Easter’, o que vén sendo o programa de actividades de conciliación previsto para as vacacións de Semana Santa.

Este terá lugar os vindeiros días 21, 22, 23 e 28 de marzo. O Concello e a escola ConTalento teñen organizadas sesións dirixidas aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As xornadas irán dende as 9 ata as 14 horas e nelas mesturaranse diversión, creatividade e aprendizaxe da man de animadores e monitores especializados. O custo desta actividade é de 16 €, habendo prezos especiais cunha redución do 50% para familias numerosas.

O Concello de Ordes conta coa colaboración da Deputación da Coruña para a posta en marcha desta iniciativa.